Os negocios precisan adaptarse aos cambios que suceden na súa contorna, comezando por comprender cales son e como poden influirnos.

Analizararemos dúas das transformacións recentes que mellor se poden aproveitar: a chegada do AVE e como conseguir clientes do outro lado da fronteira.

Apúntaste?

[ENCONTROS] Identifiquemos novas oportunidades na comarca de Verín

PresenciaIs

Na sede de AEVER (Asociación de Empresarios/as de Verín, Praza do Concello s/n) o luns 9 e martes 10 de outubro. De 20:00 a 21:00h.

Gratuitos

A inscrición é totalmente gratuita, xa que o curso está cofinanciado ao 100% pola Mancomunidade de Verín e a Xunta de Galicia, a través da Rede Eusumo.
AEVER tamén apoia na súa organización.

Participativos

Abordaremos a análise dun xeito ameno e altamente dinámico. Non son reunións onde ir só a escoitar, se non que as túas opinións e ideas sumarán moito.

Dúas áreas de reflexión

CONSEGUIR CLIENTES ALÉN DA FRONTEIRA (9 de outubro)

A CHEGADA DO AVE COMO OPORTUNIDADE (10 de outubro)

Somos conscientes de que ser fronteira con Portugal abre moitas oportunidades, pero que non as estamos a aproveitar tanto como seguramente eles xa estén facendo. Que podemos facer para conseguir que os nosos veciños do sur queiran vir máis polos nosos negocios?

A nova estación do AVE na Gudiña púxonos a só dúas horas dos case 7 millóns de persoas que viven na Comunidade de Madrid, así como moitísimos máis que utilizan os seus aeroportos e estacións como vía de paso. Ourense xa está a notar ese impacto, pero que podemos facer nós para que deixen máis diñeiro nas comarcas de Verín e Conso-Frieiras?

Quen pode participar


Os encontros están abertos a calquera persoa que queira achegar as súas ideas e opinións. Pensamos que pode ser de especial interese para quen xa teña un negocio en marcha, como para quen esté pensando en montar algún ou ande a buscar traballo. Tamén pode ser moi útil para os técnicos de entidades que traballen a prol desenvolvemento económico do territorio.

Inscrición


Aínda non te inscribiches en nalgúns dos 2 encontros que propomos ? Faino a través do formulario. Podes acceder aquí.