XA NON DISPOÑIBLE.
Realizado en outono de 2022
Presentamos unha actividade online de inscripción totalmente gratuita orientada a axudar a mellorar as tarefas do día a día dos negocios.
.
Aprende trucos, descubre ferramentas e identifica melloras para o teu día a día profesional
Os obxectivos deste curso son:
- Descubrir qué podes cambiar no teu negocio para que sexa máis efectivo.
- Capacitarnos para traballar en remoto , coñecendo ferramentas e metodoloxías para teletraballar en equipo de xeito eficaz.
- Comparar como estades traballando vós coas tendencias máis modernas, para detectar posibles oportunidades de mellora.
- Mellorar a empregabilidade das persoas que queiran apostar por traballos máis sostibles e dinámicos.
- Axudar a que desempregados, mulleres e ás persoas que se atopan en risco de exclusión social teñan máis doado acceder a postos de traballo.
- Facilitarlle ás empresas locais e entidades de Economía Social poder ser máis competitivas grazas a contar con persoal máis cualificado, que coñeza as metodoloxías de traballo máis innovadoras que poñen no centro os valores da Economía Social.
Plan de traballo, datas e dedicación
A actividade estará dispoñible dende o 26 de setembro ao 7 de outubro de 2022. Cada participante ten liberdade para programar en qué momentos prefire realizala dentro desas datas. Estímanse 20 horas de dedicación por parte das persoas participantes. Os contidos agrúpanse en 4 módulos de 5 horas cada un:
- Módulo 1: Xestión do teletraballo colaborativo
- Módulo 2: Optimización de custes
- Módulo 3: Contabilidade para non contables
- Módulo 4: Reflotar unha entidade en crise
A maiores cara o final da actividade haberá unha sesión online de asistencia totalmente voluntaria para a resolución de dúbidas e compartir ideas entre as persoas participantes e os dinamizadores da actividade.
Metodoloxía
A impartición será 100% online, pudendo realizarse por medio de ordenadores, teléfonos ou tabletas.
O formato é completamente innovador:
- Liberdade de horarios e lugares, para que cada quen o faga ao seu ritmo no horario e espazo que mellor lle conveña.
- Aprendizaxe por medio do visualizado de vídeos curtos, lecturas amenas e preguntas que lle axudarán a aprender e reflectir.
- Autoanálise da situación particular de cada participante, a través da resolución de pequenos retos e desafíos reais aos que se enfrentan as entidades no seu día a día.
- Aplicación práctica do aprendido á realidade de seu negocio
- A figura dos docentes será a de dinamizador para guiar o proceso de adquirir e compartir coñecemento, así como a resolución de dúbidas.
Destinatarios/as
- Empresarios/as
- Traballadores/as
- Desempregados/as
- Emprendedores/as
- Persoal das entidades de economía social
- Outra xente interesada
Está aberto a persoas residentes en Galicia, pero daráselle prioridade á poboación da Comarca de Verín e especialmente ás mulleres e ás persoas en risco de exclusión.