Nesta páxina iremos subindo as ligazóns ás diferentes actividades que compoñen os 4 módulos do curso, así coma outra información de interese.
Diploma de asistencia: requisitos para recibilo
Ao final do curso entregaremos diploma de asistencia ás persoas que completen polo menos 3 dos 4 módulos dispoñibles. Para superar un módulo débense realizar todas as actividades que o compoñen. As actividades considéranse realizadas cando se levan a cabo correctamente estas dúas accións en cada unha delas:
- Indicar o teu nome e apelidos ao inicio da actividade
- Darlle ao botón “ENVIAR” que aparecerá ao final de cada unha delas, para que así podamos recibir nós as túas respostas.
Lembra que podes realizar o curso ao teu ritmo ata o 15 de outubro de 2022. Deberíache levar como máximo 20 horas realizar o curso completo. Para acceder aos materiais podes empregar o teu ordenador, teléfono ou tableta. Recomendamos que estés nun espazo con pouco barullo e/ou que empregues auriculares para escoitar os vídeos.
¿Aínda non te inscribiches no curso? -> Faino antes de continuar, doutro xeito será imposible que che podamos emitir o teu diploma.
Máis información
¿Buscas máis información sobre o curso? -> Lembrámosche que os obxectivos e a metodoloxía aparecen nesta páxina.
¿Tés dúbidas? -> Escribirnos a economiasostible@economiasostible.com
MÓDULO 1 :: Xestión do teletraballo colaborativo
As seguintes actividades permitiranche lembrar ou coñecer algunhas das ferramentas máis útiles para teletraballar:
MÓDULO 2 :: Optimización de custes
Para que un negocio funcione é necesario que os ingresos superen aos gastos, facendo os axustes necesarios para que esa relación perdure no tempo. ¿Queres saber en qué fixarte?
MÓDULO 3 :: Contabilidade para non contables
¿Sabes se o teu negocio dá beneficio ou perdas? ¿Entendes os documentos que prepara a túa asesoría ou xestoría? Neste módulo aprenderás algúns conceptos básicos para comezar a entender algo que che debería axudar a tomar mellores decisións.
MÓDULO 4 :: Reflotar unha entidade en crise (ou cómo evitar ser unha delas)
Tanto se a túa entidade está en crise, como se che gustaría evitar que o estivese, a continuación recónllese unha serie de consellos para ese tipo de situacións.
SESIÓN CONXUNTA OPCIONAL :: Resolución de dúbidas e comentarios
[Pendente de publicar a data e horario. Será online]
PECHE :: Entrega de diplomas de asistencia
[Pendente de publicación]
[As imaxes desta páxina son de Freepik]